Juan de la Cruz Castaño Vicente, juáncho, é Licenciado en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo (Facultade de Comunicación Social de Pontevedra) (2004) e conta co Ciclo Superior de Artes Plásticas e Deseño en Gráfica Publicitaria na Escola de Arte e Superior de Deseño de Ourense (2001).

Crea, no ano 2008, un estudio de comunicación (publicidade e ilustración) no Porriño que leva por nome juáncho DEBUXA & DESEÑA. Nestes máis de dez anos leva traballado e colaborado con clientes de distinta entidade e natureza. Con pequenas, medianas e grandes empresas, festivais ou institucións como poden ser: a Universidade de Vigo (Rede Galega de Biomateriais, BIOCAPS, Rede Galega de Nanomedicina, IBEROS, …), a Confederación Empresarial Veterinaria de Galicia, o sindicato CCOO, as empresas CZ Veterinaria, Tecfilter, Genentech, Syngenta, o Concello do Porriño, o Concello de Mós, o Concello de Ponte Caldelas, o Concello de Covelo, o Festival de Cans, o Festival Reperkusión, a Festa Arde o pazo, o Bar Liceum, a sala Ingrávida, o disco-libro ‘María Fumaça’, …

Ten traballado a comunicación en distintos ámbitos e de distintos xeitos, dende a nova creación e o restyling de marcas, o branding ou o marketing dixital, ata a o deseño e xestión de campañas publicitarias e políticas, ou a asesoría en comunicación de empresa e mesmo a impartición de charlas de divulgación e conferencias. No 2021 publica ‘Na procura do medo esquecido’ coa Editorial Galaxia e no 2022 fai a ilustración e maquetación de ‘Lola busca su color’ nunha obra escrita por Andrés Hombre e publicada por Amazon.