‘Na procura do medo esquecido’ é a súa primeira obra. Publicada en marzo do 2021 pola Editorial Galaxia supón un antes e un despois na traxectoria profesional de juáncho. Estamos ante un libro que contén ilustración, viñetas e textos a partes iguais. E todo acompañado dunha maquetación moi pensada e coidada. O concepto parte de toda esa riqueza fantástica e mitolóxica que contempla o imaxinario galego de lendas, contos de medo, historia e historias de vellas, disques, sospeitas, aparicións…